CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS











Os corredores do IES María Casares apareceron estes días con portas e paredes ensanguentadas e con personaxes fantasmagóricos e terroríficos, convertendo o noso centro no escenario dunha película de terror. No vídeo podedes ver o resultado da decoración das portas que participaron no concurso organizado polo ENL e a biblioteca escolar.  Os gañadores de concurso foron os alumnos de 2º de Bacharelato C, obtendo un accésit o grupo de FPB polo seu boísimo traballo.

No vestíbulo da planta baixa expuxemos os fondos relacionados coa temática de medo, terror e misterio que temos na nosa biblioteca.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTROIDO 2024

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

ENTROIDO 2025