MARÍA CASARES CUMPRE CEN ANOS
Durante esta semana celebramos o nacemento de María
con diversas actividades:
A biblioteca organizou unha exposición con imaxes de
María e os libros cos que contamos que falan da súa vida. Tamén se fixeron uns marcapáxinas
recordando as palabras que dedica a praia de Bastiagueiro nas súas memorias,
Residente privilexiada.
Ademáis tivemos a fortuna de contar coa presencia do
director teatral Lluis Pasqual, que participou nun coloquio cos alumnos de
Literatura Universal e e Latín de 1º de Bacharelato e estivo presente na
inauguración do precioso mural que mostra a María xunto co faro de Mera, a Torre
de Hércules e a Torre Eiffel, obra da profesora Ana López Gullón, que dedicou
moitas horas a súa realización. O coro do instituto ofreceu unha emotiva actuación.
Pola noite, Lluis Pasqual deu unha conferencia no
Centro Cultural A Fábrica co título “Espectador privilexiado”.




Comentarios
Publicar un comentario