SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DE CULTURA CLÁSICA E LATÍN DA ESO AO XACEMENTO DE CAMBRE E CASTRO DE ELVIÑA
Este martes, 21 de novembro de 2023, os alumnos de
Cultura Clásica e Latín da ESO fixeron unha incursión a territorio romana coa
visita ao xacemento de Cambre, onde tiveron unha primeira aproximación a unha
domus romana e a como vivían os romanos asentados nesta zona, descubriron
as letrinae e
moitas outras cousas. Desde aí avanzamos dous parasangas e chegamos ao Castro
de Elviña, onde descubrimos a sociedade castrexa, dominadora de
Brigantium.
Estamos feitos uns castrexos!!!






Comentarios
Publicar un comentario