Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2024

CONCURSO ODISEA 2024

Imaxe
  Nos idus de xaneiro, dentro dos sagrados muros da biblioteca do IES María Casares, os, νεοφίτοι, alumnos de cultura clásica e grego tiveron que enfrontarse aos sibilinos enigmas da nosa particular esfinxe tebana, que trouxo innumerables desasosegos para os nosos participantes, que resolveron heroicamente, como Edipo a entrada de Tebas, coa finalidade de levar a un bo porto este trirreme, que regresaba das llanuras de Troya. Moitas gracias e felicitacións a todos os nosos alumnos participantes. εὐχαριστότατοί τοὺς πάντας.

CHARLA DE BRAIS LÁMELA

Imaxe
Brais Lamela, un vagabundo errante, cosmopolita buscador dun fogar, deste xeito definíase ante o auditorio da biblioteca do IES María Casares o creador da novela  Ninguén queda  (2022) polo que foi galardoado co premio da Crítica Galega de Narrativa 2022 e premio El Ojo Crítico de Narrativa 2023 .  Na charla coloquio dirixida polo noso compañeiro Fernado Domènech Rey, Brais deixouse levar polo seu espírito viaxeiro e fomos desde a Terra Chá aos xardíns da universidade de Yale, onde ten iniciado o seu doutoramento en literatura, despois de formarse en literatura comparada e historia nas universidades de Cambridge e Brown. Fixo un gran fincapé na aprendizaxe das linguas, incluso revelounos que leva catro anos estudando quechua, ademais do galego, castelán e inglés, sen deixar de facer referencias as linguas clásicas. A rapazada fixo un repaso da súa a temática a través das súas preguntas e xunto as intervencións do moderador fixo desa mañá unha velada moi amena y enriqueced...