CHARLA DE BRAIS LÁMELA






Brais Lamela, un vagabundo errante, cosmopolita buscador dun fogar, deste xeito definíase ante o auditorio da biblioteca do IES María Casares o creador da novela Ninguén queda (2022) polo que foi galardoado co premio da Crítica Galega de Narrativa 2022 e premio El Ojo Crítico de Narrativa 2023

Na charla coloquio dirixida polo noso compañeiro Fernado Domènech Rey, Brais deixouse levar polo seu espírito viaxeiro e fomos desde a Terra Chá aos xardíns da universidade de Yale, onde ten iniciado o seu doutoramento en literatura, despois de formarse en literatura comparada e historia nas universidades de Cambridge e Brown.

Fixo un gran fincapé na aprendizaxe das linguas, incluso revelounos que leva catro anos estudando quechua, ademais do galego, castelán e inglés, sen deixar de facer referencias as linguas clásicas. A rapazada fixo un repaso da súa a temática a través das súas preguntas e xunto as intervencións do moderador fixo desa mañá unha velada moi amena y enriquecedora.

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTROIDO 2024

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

ENTROIDO 2025