DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Despois do Obradoiro de creación poética marcado pola figura de Luisa Villalta da man de Antía Otero o mes pasado:




Damos comezo á semana das nosas letras, as Letras Galegas. Como todos sabedes, este ano conmemórase na honra da escritora coruñesa Luísa Villalta.

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Biblioteca do IES María Casares, contando coa colaboración do Departamento da Lingua Galega, levaron a cabo unha serie de actividades e proxectos.

 Por unha banda, observamos a seguinte imaxe que fala por si soa. Trátase da recomendación dun libro onde están recollidas todas as persoas homenaxeadas o día 17 de maio dende 1963.

 


Por outra banda, alumnado de varios cursos da ESO fixeron un bookface. Trátase de fundirte na propia portada dunha obra literaria. Aquí mostramos algúns exemplos:

 





























Con isto, desexámovos dende o IES María Casares un feliz Día das Letras Galegas e despedímonos con uns versos da propia autora.


Non abonda a palabra recitada
para fechar o libro da memoria,
no fondo semprehai algo que se ignora
como lidosónapáxinaselada.

A palabra non é escrita, é soñada
entre o soño do sonido, incolora
entre as cores do sentido, acesória
como a ausencia imprescindíbel e a nada.

Procurando ese rosto que se corta
no vacío producido entre os versos,
ascendín pola escada até unha porta

dunhaestáncia onde resoan, imensos,
os ecos da palabra, que está morta,
naorfa luz en que van boiar dispersos.

 

 

 

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTROIDO 2024

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

ENTROIDO 2025