PRESENTACIÓN DO LIBRO O ESPÍRITO DAS MACEIRAS DE SILVIA TASENDE NA BIBLIOTECA DO IES MARÍA CASARES
O luns 27 de xaneiro tivemos
a presentación no noso centro da primeira novela publicada pola nosa compañeira
Silvia Tasende Cotelo, O espírito das maceiras. O acto foi presentado e
moderado pola nosa compañeira Olga Grien.
Durante a charla-coloquio
Silvia desvelou a finalidade da súa novela, onde de modo autobiográfico
presenta os seus recordos e os seus vínculos coa súa aldea paterna, onde hai
unha catarse, derivada da nostalxia (de νόστος que é regreso) que
xurde co paso do tempo, onde soubo conectar coa rapazada que asistiu á
presentación. Ela reivindica os valores de ter un lugar de referencia na nosa
propia identidade. Deixa patente a súa mensaxe de que todos temos que buscar
unha Pilara como eixe da nosa identidade.
Parabéns, Silvia, pola túa
publicación.









Comentarios
Publicar un comentario