SAÍDA AO FESTIVAL DE TEATRO GRECORROMANO DE LUGO NA SÚA XXIV EDICIÓN
O día 25 de febreiro saímos cara ao θέατρον ΘΕΑΤΡΩΝ lucense na compaña dos aprendices de clásicos do IES María Casares, o alumnado de grego, latín e cultura clásica. Xa no auditorio tiñamos a predisposición de emulación dos nosos ancentros de hai máis de 2500 anos, difrutamos de Antígona unha traxedia de Sófocles, da que o propio Aristóteles na súa retórica nos conta que trata da legalidade non escrita que permite trazar fronteiras aos seres humanos ou coñecidos tamén como ἄνθρωποι. Na sesión vespertina tivemos a Amphitruo , que traducimos por Afitrión , unha comedia de Plauto onde reina a confusión, onde un non é ese un, logo é un lío, digo ou non digo. Regresamos enchidos de gozo pola beleza e boa execución dos histrións da compañía Corzo Producións , é dicir, eses vinte parasangas de retorno non foron pesados para nosos neófitos humanistas.