SAÍDA AO FESTIVAL DE TEATRO GRECORROMANO DE LUGO NA SÚA XXIV EDICIÓN
O día 25 de febreiro saímos cara ao
θέατρον ΘΕΑΤΡΩΝ lucense na compaña dos aprendices de clásicos do IES María
Casares, o alumnado de grego, latín e cultura clásica. Xa no auditorio tiñamos
a predisposición de emulación dos nosos ancentros de hai máis de 2500 anos,
difrutamos de Antígona unha traxedia de
Sófocles, da que o propio Aristóteles na súa retórica nos conta que trata da legalidade non escrita que permite
trazar fronteiras aos seres humanos ou coñecidos tamén como ἄνθρωποι.
Na sesión vespertina tivemos a Amphitruo, que traducimos por Afitrión, unha comedia de Plauto onde
reina a confusión, onde un non é ese un, logo é un lío, digo ou non digo.
Regresamos enchidos de gozo pola beleza e boa execución dos histrións da
compañía Corzo Producións, é dicir, eses vinte parasangas de retorno non
foron pesados para nosos neófitos humanistas.













Comentarios
Publicar un comentario