Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO V CAMPIONATO DE XADREZ (CURSO 2024-25)

Imaxe
  Os gañadores do V Campionato de Xadrez do IES María Casares recibiron, de mans de Baldomero Martínez, coordinador da biblioteca e profesor de Grego, os seus diplomas e un agasallo que consistiu nun vale para mercar libros e material escolar na libraría Mar de Letras. Os alumnos Daniel Barro Pardellas e Lucas Rafael de Oliveira Sá foron os gañadores na modalidade de ESO e Bacharelato respectivamente e os subcampións foron e Martín Lage Martínez na categoría de Bacharelato e Mario Barro Pardellas na categoría de ESO. MOITÍSIMOS PARABÉNS, RAPAZADA!! A continuación, podedes ver imaxes do momento de entrega de agasallos. 

FEIRA DO LIBRO SOLIDARIA 2025

Imaxe
  Na semana de celebración da festa do Día do Libro, organizamos unha feira solidaria de ventas de libros de segunda man, doados polos membros da comunidade educativa. O importe recadado destinarase ao Banco de Alimentos. Queremos agradecer o traballo ás alumnas de 1º ESO D, Rita Díaz, Mencía Paseiro e Sofía Varela e Vega Puñal, que estiveron encargándose da venta e que, coa súa dedicación nos períodos de lecer, conseguiron convencer a moitos compradores de que mercaran libros e colaboran na recadación.

V EDICIÓN DO CAMPIONATO DE XADREZ DO IES MARÍA CASARES

Imaxe
  Nestas datas do final de marzo e comezo de abril, tendo como base de actividades a biblioteca, a rapazada disputou cunha gran deportividade e enteireza as partidas, que o azar lles puxo por diante ata chegar ao remate do campionato. Na final da V edición do Campionato de Xadrez, levamos a cabo a segunda edición no taboleiro exterior do noso centro coas pezas xigantes. Foi un  escenario moi vistoso,  despois dunha semana na que os participantes despregaron todas as súas habilidades xadrecísticas no recinto sagrado da nosa biblioteca. Damos tamén testemuña de que este xogo milenario une pobos, aínda que no moi lonxanos, pois tivemos como invitado espontáneo a un dos alumnos alemáns de intercambio, que quixo intervir no certame. Os alumnos que disputaron a gran final foron: Mario Barro Pardellas e Daniel Barro Pardellas na categoría de ESO, e Lucas Rafael de Oliveira Sá e Martín Lage Martínez na categoría de Bacharelato. Proclamáronse campións: Daniel Barro Pa...