V EDICIÓN DO CAMPIONATO DE XADREZ DO IES MARÍA CASARES

 

Nestas datas do final de marzo e comezo de abril, tendo como base de actividades a biblioteca, a rapazada disputou cunha gran deportividade e enteireza as partidas, que o azar lles puxo por diante ata chegar ao remate do campionato.

Na final da V edición do Campionato de Xadrez, levamos a cabo a segunda edición no taboleiro exterior do noso centro coas pezas xigantes. Foi un  escenario moi vistoso,  despois dunha semana na que os participantes despregaron todas as súas habilidades xadrecísticas no recinto sagrado da nosa biblioteca. Damos tamén testemuña de que este xogo milenario une pobos, aínda que no moi lonxanos, pois tivemos como invitado espontáneo a un dos alumnos alemáns de intercambio, que quixo intervir no certame.

Os alumnos que disputaron a gran final foron: Mario Barro Pardellas e Daniel Barro Pardellas na categoría de ESO, e Lucas Rafael de Oliveira Sá e Martín Lage Martínez na categoría de Bacharelato.


Proclamáronse campións:
Daniel Barro Pardellas (ESO)
Lucas Rafael de Oliveira Sá (Bacharelato)

Abaixo podedes ver as fotos dos gañadores e os seus contrincantes na final e un vídeo con imaxes do torneo. 

                         Moitos parabéns aos campións por esta merecida vitoria!!







 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

ENTROIDO 2024

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

ENTROIDO 2025