Publicacións

"OS TRAPOS SUCIOS XA NON SE LAVAN NA CASA"

Imaxe
  Baixo o lema “ Os trapos sucios xa non se lavan na casa ” conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Con este acto queremos simbolizar a necesidade de denunciar o maltrato que seguen sufrindo moitas mulleres para que a violencia non quede agachada detrás dun silencio cómplice. Tantas camisetas colgando nos nosos tendais son a mostra de que cada vez somos máis os que rexeitamos a violencia e non  estamos dispostos a que quede impune.  No vídeo podedes disfrutar   da actuación coa que o coro do instituto, dirixido por Gracia Rodríguez Blanco, acompañou o acto.

A CIENCIA TAMÉN FALA GALEGO

Imaxe
  Novembro é o Mes da Ciencia en Galego e, para demostralo, escollemos un recuncho do vestíbulo para expoñer todos os títulos que temos na nosa biblioteca que tratan sobre temas científicos e están escritos en galego. Todos os que esteades interesados na súa lectura podedes pasar por a biblioteca.

EXPOSICIÓN DE LITERATURA DE TERROR

Imaxe
Como ven sendo tradicional, a biblioteca expón os fondos de literatura de terror e misterio nestas datas próximas ao día de Defuntos no que celebramos a festa do Samaín. Ademais, este ano, grazas á colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, engadimos uns carteis nos que se conta a historia de esta celebración.

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Imaxe
  O EDLG e a biblioteca convocan un concurso de relatos de terror para celebrar o Samaín. Poden participar todos os alumnos do centro e establécense tres categorías que abarcan os distintos niveis. Podedes ver os carteis da convocatoria nos paneis informativos do primeiro e do segundo andar.

BENVIDA AO CURSO 2021-2022

Imaxe
Benvidos a un novo curso. Este ano, grazas á mellora da situación provocada pola pandemia, abriremos a biblioteca, aínda que cun aforo limitado ao 50% dos postos dispoñibles. A principal novidade vai ser a “Hora de ler”. En todos os cursos da ESO dedicaremos un cuarto de hora diario a lectura, cambiando cada semana o tramo horario. En todas as aulas tedes a vosa disposición a distribución horaria do primeiro trimestre.

LECTURAS PARA O VERÁN

Imaxe
Nos últimos días recibimos na biblioteca moitas novidades que podedes levar para gozar da lectura durante as vacacións de verán. Estes son algúns dos títulos:   Madialeva  é o primeiro título da colección ‘Mulleres Ilustradoras’, que propón banda deseñada con perspectiva de xénero. Quen foron as mulleres galegas que cosían a roupa que conquistou o mundo? Que soños gardaron os emigrantes que deixaron a aldea na procura de prosperidade? Unha novela gráfica sobre as voces baixas da nosa historia recente. Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Estes libros falan de mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor. Dende os polos aos trópicos, por desertos...

GAÑADORES DO CONCURSO "PORTAS LITERARIAS"

Imaxe
Os grupos de 3º ESO D e 1º Bacharelato C foron os gañadores do concurso de "Portas literarias" organizado para celebrar o Día das Letras. Os alumnos de 3º ESO D dedicaron a súa colorida porta a Vicente Risco e os de 1º C a catro autores novos: María Lado, Lucía Aldao, Yolanda Castaño e Daniel Salgado.  Este é o resultado do seu traballo:   Os gañadores disfrutaron dun almorzo saudable e recibiron un agasallo. Na primeira imaxe vemos ao grupo de 1º de Bacharelato C e, na segunda, a 3º ESO C. 

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Imaxe
  Este curso conmemoramos o Día das Letras Galegas cun concurso ao que chamamos “Portas literarias”. Cada grupo decorou a porta da súa aula para homenaxear a un autor destacado das nosas letras. Os resultados foron, en moitos casos, sorprendentes polo traballo e pola   orixinalidade. Parabéns a todos os grupos!!!

Día do Libro 2021

Imaxe
Este ano decidimos dedicar o Día do Libro a una escritora da que conmemoramos o centenario da súa morte: Emilia Pardo Bazán. A autora coruñesa, unha das grandes representantes da literatura do século XIX, faleceu no ano 1991 aos 70 anos. Por iso, montamos, na entrada do instituto e no primeiro andar, unha pequena exposición sobre a súa vida, o seu tempo e a súa obra.  Ademais, nas clases de Lingua castelá de case todos os cursos léronse algún relatos da autora que destacou polas súas ideas, avanzadas para a súa época, sobre os dereitos das mulleres.