Publicacións

CELEBRACIÓN DA GRAN FESTA DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
  A festa das Letras Galegas chegou este ano cargadiña de actividades para todos os cursos: contacontos, ilustración de poemas, obradoiros de regueifas, clases de muiñeiras, concertos…Nas seguintes imaxes podedes ver algún dos momentos da celebración.  

NOVA DECORACIÓN DA BIBLIOTECA

Imaxe
  Despois de moitos anos cos tradicionais pupitres da biblioteca, que imos botar de menos e que tiñan defensores e detractores, tentamos modernizar un pouco a decoración e colocar unhas mesas que foran   máis cómodas para o estudio, a consulta en medios tecnolóxicos e os xogos. Esperamos que o cambio guste á maioría dos usuarios. Engadimos as fotos do antes e o despois para que poidades decidir cal preferides e outra da afluencia na biblioteca no estreno das mesas novas no primeiro recreo de hoxe. 

MERCADO SOLIDARIO DE VENTA DE LIBROS USADOS

Imaxe
  Para conmemorar o Día do Libro neste ano tan convulso, pensamos en organizar unha actividade solidaria. Pedimos aos membros da comunidade educativa que doaran libros. A finalidade era dobre: recadar fondos para á axuda aos refuxiados ucraínos e darlle unha segunda vida aos libros. O resultado foi moi positivo. Queremos agradecer á axuda das alumnas de 1º ESO B e 1º de Bacharelato que colaboraron vendendo os libros e recollendo doazóns polo patio do instituto durante os recreos.  

II CAMPIONATO DE XADREZ

Imaxe
 A pasada semana celebramos na biblioteca o II Campionato de Xadrez. A primeira edición tivo lugar no 2019 e, por mor da pandemia, tivemos que suspender a do 2020, que estaba convocada para poucos días despois de ter que confinarnos. Afortunadamente, como pouco a pouco volvemos a normalidade, retomamos o campionato que contou este ano con numerosos participantes. Os gañadores de cada categoría foron: 1ª CATEGORÍA: ALUMNADO DE ESO CAMPIÓN: Nicolás Alfonso López (2º ESO A) SUBCAMPIÓN: Martín Lage (2º ESO A) 2ª CATEGORÍA: ALUMNADO DE BACHARELATO CAMPIÓN: Juan Antonio Rilo (2º BAC A) SUBCAMPIÓN: Carmelo Toledo (2º BAC A) Nas seguintes fotos podedes ver algúns dos momentos do campionato.

ENTROIDO 2022

Imaxe
Este Entroido recuperamos o tradicional desfile de comparsas. Todos os grupos participaron representando  personaxes de series e películas, desde os superheroes ás princesas Disney pasando por Grease, Euphoria, Peaky Blinders e moitos máis. Os presentadores foron os alumnos de 2º de Bacharelato. Alumnas de 1º de Bacharelato montaron un posto onde mercar unha variedade de deliciosas lambetadas. Tamén tivemos a oportunidade de desfrutar da música con Martín Otero e Jorge Areal, alumnos de 2º de Bacharelato A. A continuación, podedes ver uns vídeos da actuación e do desfile.   

EXPOSICIÓN PERSONAXES DO ENTROIDO

Imaxe
  Ante a proximidade do Entroido, colocamos no vestíbulo do centro  unha pequena mostra para dar a coñecer os distintos personaxes que celebran esta festa por toda Galicia.  

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
O 23 de febreiro celebramos a data de nacemento de Rosalía de Castro. Este é o primeiro ano que o Día de Rosalía celébrase o 23 en lugar do 24. A causa deste cambio é o descubrimento do expediente matrimonial de Rosalía e Manuel Murguía no que figura unha declaración da nai da escritora na que indica que a autora naceu o día 23, sendo o 24 a data do seu bautismo. Para conmemorar esta data, organizamos una exposición sobre a figura de Rosalía e a súa relevancia na sociedade actual. Ademais, os alumnos puideron participar nun concurso no que tiñan que recoñecer as distintas linguas nas que está traducido o poema “Adiós ríos, adiós fontes”. 

DECORACIÓN DA ÁRBORE DE NADAL 2021

Imaxe
 Os alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato decoraron, baixo a supervisión de Olalla Rodríguez, profesora de Educación Plástica, a nosa orixinalísima árbore de Nadal BO NADAL