Publicacións

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE MEDO

Imaxe
  E chegou o Samaín, e con el a nosa arrepiante selección da literatura de terror que podedes atopar na biblioteca. Se queredes pasar medo, non deixedes de vir pola BIBLIOTECA.

CONCURSO LITERARIO “RELATOS DE TERROR”

Imaxe
  Como ven sendo tradicional, o EDLG e a Biblioteca Escolar convocan un concurso de relatos de terror para o Samaín. Animádevos a participar. Hai un fantástico premio para os gañadores!!!

OS LIBROS TAMÉN SON PARA O VERÁN

Imaxe
O verán é a época na que a lectura convértese no máis prezado pasatempo. Estas son algunhas das nosas recomendacións para as vacacións que iniciamos hoxe. Podedes atopalas todas na biblioteca.  

ENCONTRO CON IGNACIO VILAR

Imaxe
  Un grupo de alumnos de 3º ESO participou nun encontro co director de cine, guionista e produtor Ignacio Vilar sobre Aura 1964, guión cinematográfico publicado pola Editorial Galaxia. Os alumnos, que previamente leran o guión, conversaron con Ignacio Vilar dos aspectos que máis lles chamaran a atención e cos que máis se identificaban da vida e o comportamento do protagonista. Ignacio Vilar lles falou tamén de cine, dos seus proxectos e da vida en xeral.

EXPOSICIÓN DE CARTEIS SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Imaxe
  Este ano celebramos o Día das Letras, que conmemora a figura de Francisco Fernández del Riego, cunha exposición de carteis elaborados pola Real Academia Galega. Tamén podedes ver e ler   a obra de teatro As cousas de don Paco, da escritora   Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo, protagonizada polos obxectos que acompañaron ao homenaxeado en distintas etapas da súa vida.   

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO CAMPIONATO DE XADREZ

Imaxe
  Os gañadores do III Campionato de Xadrez recibiron os seus diplomas e un agasallo que consistiu nun vale para mercar   libros e material escolar na libraría Mar de Letras. MOITOS PARABÉNS!!

FEIRA DO LIBRO SOLIDARIA

Imaxe
  Esta semana celebramos a segunda edición da Feira do Libro coa finalidade de recadar fondos a beneficio da Cociña Económica de A Coruña. Un grupo de alumnos de 1º e 2º de ESO convertéronse en vendedores por uns días. Moitas grazas a todos polo voso fantástico traballo. 

LECTURA CONTINUADA DE EL QUIJOTE POLO DÍA DO LIBRO

Hoxe, a Biblioteca Escolar e o Departamento de Lingua castelá e Literatura conmemoramos o  Día do Libro cunha lectura continuada realizada polos alumnos de 1º ESO. Agradecemos a todos os voluntarios a súa boa disposición.   

CONVERSA CON XURXO SOUTO

Imaxe
  Hoxe aproveitamos para falar de literatura con Xurxo Souto e polo tanto da vida, segundo nos conta el. Compartiu unha charla cos alumnos de 1º B de bacharelato onde, tras un curto percorrido da súa bibliografía sonora e escrita, respondeu ás preguntas dos noso alumnado. Isto deu pe para entrar na conversa da posta en valor da literatura e a súa presenza en todo o que facemos con agrado e coa finalidade de divertirnos. Contou a súa necesidade de recoller aquilo que está ante nosos ollos, coa finalidade que quede entre nós e isto levounos á música, ao canto, á letra, a crear un ambiente de conto diatónico e  punk,  coma el quixo deixar constancia, para rematar cunha canción grega, pero chea de aroma galego:  για σένα μαυρομάτα μου ναζιάρα μου μπομπίνα,   cada solpor a miña voz ten que cantar, meniña.