Publicacións

CHARLA SOBRE O PROCESO CREATIVO DA EXPOSICIÓN PICTÓRICA SOBRE MARÍA CASARES

Imaxe
Hoxe tivemos o pracer de recibir a visita de tres destacados artistas: Alfonso Costa, Isabel Pintado e Eva Veiga.   Alfonso Costa e Isabel Pintado falaron do proceso de creación das obras que forman parte da exposición que realizaron como homenaxe á figura de María Casares. Eva Veiga leu algúns dos seus poemas e conversou sobre a creatividade. Abaixo podedes ver algunhas imaxes dos participantes e dos asistentes, alumnos de 2º e de 1º de Bacharelato.  

DERRUBANDO MUROS CONTRA A VIOLENCIA

Imaxe
  Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cun acto simbólico no que participaron os alumnos de 2º ESO. Consistiu no derrubamento dun muro no que os alumnos escribiran mensaxes degradantes que seguimos escoitando as mulleres no noso día a día. Os alumnos Oliver Siso Pazos e Pedro Gómez González leron un manifesto e un poema de Mario Benedetti.

PODCAST SOBRE MARÍA CASARES

Imaxe
  Nesta entrada podedes escoitar un podcast sobre a figura da actriz María Casares.  https://www.ondacero.es/programas/la-rosa-de-los-vientos/audios-podcast/mujeres-con-historia/mujeres-alma-actriz-maria-casares_2023010963bbe6171697300001a0fb25.html 010963bbe6171697300001a0fb25.html

MARÍA CASARES PARA CENTENNIALS

Imaxe
  O noso catedrático de Latín, Fernando Domenech, deu unha interesante charla sobre a actriz que da nome ao noso centro,  María Casares,  aos alumnos de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato. Facendo alarde da súa capacidade de comunicador, conseguiu aumentar o interese dos alumnos na figura da admirada actriz. 

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DO SAMAÍN

Imaxe
 Os gañadores do concurso de relatos de terror, organizado polo ENDL e a biblioteca escolar, son: Daniela Mariño Rodríguez (2º ESO C) Abel García Rodríguez (4º ESO A) Moitos parabens aos dous!!!! Nas fotos podedes ver o momento da entrega dos agasallos, que  consistiron nuns vales para mercar libros ou material escolar nunha  librería da localidade.  

EXPOSICIÓN DE LIBROS DE MEDO

Imaxe
  E chegou o Samaín, e con el a nosa arrepiante selección da literatura de terror que podedes atopar na biblioteca. Se queredes pasar medo, non deixedes de vir pola BIBLIOTECA.

CONCURSO LITERARIO “RELATOS DE TERROR”

Imaxe
  Como ven sendo tradicional, o EDLG e a Biblioteca Escolar convocan un concurso de relatos de terror para o Samaín. Animádevos a participar. Hai un fantástico premio para os gañadores!!!

OS LIBROS TAMÉN SON PARA O VERÁN

Imaxe
O verán é a época na que a lectura convértese no máis prezado pasatempo. Estas son algunhas das nosas recomendacións para as vacacións que iniciamos hoxe. Podedes atopalas todas na biblioteca.  

ENCONTRO CON IGNACIO VILAR

Imaxe
  Un grupo de alumnos de 3º ESO participou nun encontro co director de cine, guionista e produtor Ignacio Vilar sobre Aura 1964, guión cinematográfico publicado pola Editorial Galaxia. Os alumnos, que previamente leran o guión, conversaron con Ignacio Vilar dos aspectos que máis lles chamaran a atención e cos que máis se identificaban da vida e o comportamento do protagonista. Ignacio Vilar lles falou tamén de cine, dos seus proxectos e da vida en xeral.