Publicacións

UNHA BIBLIOTECA EN CONSTRUCIÓN

Imaxe
Dende o equipo de biblioteca queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa, que participou e colaborou na reconstrución deste motor do instituto, para que luza o mellor que poida a súas novas galas.  

CONVERSA CON SUSO BELLO

Imaxe
 O xoves 9 de maio, o alumnado de Literatura Galega do século XX e actualidade tivo a oportunidade de conversar con Suso Bello, director de fotografía de ampla traxectoria profesional e varias veces galadoado nos premios Mestre Mateo. Foi unha charla enriquecedora onde tivemos a oportunidade de coñecer o seu complexo traballo e de descubrir onde se poden realizar estudos para desempeñar a súa profesión. Agradecémoslle a súa presenza no centro.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Imaxe
Despois do Obradoiro de creación poética marcado pola figura de Luisa  Villalta da man de Antía Otero o mes pasado: Damos comezo á semana das nosas letras, as Letras Galegas. Como todos sabedes, este ano conmemórase na honra da escritora coruñesa Luísa Villalta.   O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Biblioteca do IES María Casares, contando coa colaboración do Departamento da Lingua Galega, levaron a cabo unha serie de actividades e proxectos.   Por unha banda, observamos a seguinte imaxe que fala por si soa. Trátase da recomendación dun libro onde están recollidas todas as persoas homenaxeadas o día 17 de maio dende 1963.   Por outra banda, alumnado de varios cursos da ESO fixeron un bookface . Trátase de fundirte na propia portada dunha obra literaria. Aquí mostramos algúns exemplos:   Con isto, desexámovos dende o IES María Casares un feliz Día das Letras Galegas e despedímonos con uns versos da propia autora. Non abonda a palab...

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO CAMPIONATO DE XADREZ

Imaxe
  Os gañadores do IV Campionato de Xadrez recibiron os seus diplomas e un agasallo que consistiu nun vale para mercar libros e material escolar na libraría Mar de Letras. MOITOS PARABÉNS. RAPACES!!

III FEIRA SOLIDARIA DO LIBRO

Imaxe
Sempre nos libros encontramos a solidariedade.   Na semana de exaltación do libro, do 23 de abril ao 26 de abril, o noso centro aproveito para sacar aos corredores os libros solidarios, coa finalidade de axudar aos que máis o necesitan. Neste curso o recadado foi para a Cociña Económica de A Coruña. Os libros axudan e a nosa mocidade tamén soubo dar o seu tempo facendo de libreiras e recadando cartos solidarios. Para rematar, darlle as grazas ao alumnado de Cultura de Clásica de 3º ESO, que actuou como voluntario nesta actividade.

INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA ESCOLAR

Imaxe
 Despois de varios meses de traslado de libros desde a vella biblioteca, chegou o momento de inaugurar oficialmente o novo espazo da biblioteca escolar. O día elixido non podería ser mellor: o Día do Libro. No acto inaugural estivo presente a concelleira de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Oleiros, María José Santos Zas,  e contou coa participación dun grupo de alumnos que leron textos seleccionados: Hugo Sierra (4º ESO A), Daniela Mariño (2º ESO C), Marina Paz (4º ESO A) y Felipe Polo (2º ESO C) Ademáis, o coro do IES María Casares, dirixido pola profesora Gracia Rodríguez Blanco, interpretou varios temas. A continuación,  podedes ver algunhas imaxes do acto e os vídeos da participación dos alumnos.