PRESENTACIÓN DO LIBRO O ESPÍRITO DAS MACEIRAS DE SILVIA TASENDE NA BIBLIOTECA DO IES MARÍA CASARES
O luns 27 de xaneiro tivemos a presentación no noso centro da primeira novela publicada pola nosa compañeira Silvia Tasende Cotelo, O espírito das maceiras . O acto foi presentado e moderado pola nosa compañeira Olga Grien. Durante a charla-coloquio Silvia desvelou a finalidade da súa novela, onde de modo autobiográfico presenta os seus recordos e os seus vínculos coa súa aldea paterna, onde hai unha catarse, derivada da nostalxia (de νόστος que é regreso) que xurde co paso do tempo, onde soubo conectar coa rapazada que asistiu á presentación. Ela reivindica os valores de ter un lugar de referencia na nosa propia identidade. Deixa patente a súa mensaxe de que todos temos que buscar unha Pilara como eixe da nosa identidade. Parabéns, Silvia, pola túa publicación.