Publicacións

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Imaxe
  Este curso conmemoramos o Día das Letras Galegas cun concurso ao que chamamos “Portas literarias”. Cada grupo decorou a porta da súa aula para homenaxear a un autor destacado das nosas letras. Os resultados foron, en moitos casos, sorprendentes polo traballo e pola   orixinalidade. Parabéns a todos os grupos!!!

Día do Libro 2021

Imaxe
Este ano decidimos dedicar o Día do Libro a una escritora da que conmemoramos o centenario da súa morte: Emilia Pardo Bazán. A autora coruñesa, unha das grandes representantes da literatura do século XIX, faleceu no ano 1991 aos 70 anos. Por iso, montamos, na entrada do instituto e no primeiro andar, unha pequena exposición sobre a súa vida, o seu tempo e a súa obra.  Ademais, nas clases de Lingua castelá de case todos os cursos léronse algún relatos da autora que destacou polas súas ideas, avanzadas para a súa época, sobre os dereitos das mulleres.    

GAÑADORAS DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Imaxe
  Despois dunha longa deliberación, o xurado do Concurso de marcapáxinas elixiu aos gañadores. Non foi una decisión fácil dado o nivel mostrado polos participantes. O primeiro premio foi para Paula Elizalde Romero (3º ESO D) e o segundo posto foi compartido por Celsa García Touza (3º ESO B) e Andrea Barreiro Pereira (3º ESO B). Parabéns!!! Paula Elizalde Romero (3º ESO D) Celsa García Touza (3º ESO B)       Andrea Barreiro Pereira (3º ESO B)  

8 DE MARZO 2021

Imaxe
       As alumnas Antía Zaera Solleiro (2º BAC B) e Lucía Fernández Otero (1º BAC C) elaboraron estes fermosos carteis nos que explican as razóns polas que o 8 de marzo foi escollido como Día Internacional da Muller e os motivos polos que a cor morada é o símbolo    do apoio ás mulleres.  

ITINERARIO PARA A SEMANA DA MULLER

Imaxe
            Esta é a proposta para a celebración do Día da Muller neste curso tan atípico. Estades todos invitados a participar! 

CONCURSOS PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER

Imaxe
  O 8 de marzo celebramos o Día da Muller e reivindicamos a necesidade de lograr xa, dunha vez por todas, a igualdade. É o momento de recordar a loita de moitas mulleres ao longo da historia, enfrontándose a una sociedade que non lles daba o lugar que lles correspondía. Este ano   decidimos organizar dous concursos que premiarán o voso talento artístico e literario. Un é un concurso de deseño de marcapáxinas baixo o lema “Por ser muller”. Outro é un concurso de relatos co que queremos reivindicar a figura das mulleres que nos marcaron na nosa vida. Sempre recordamos nesta data as mulleres que destacaron nas ciencias e nas letras, pero agora   queremos que as protagonistas sexan as nosas nais, as nosas avoas ou as nosas veciñas, esas mulleres que están ao noso carón axudándonos sempre, que traballaron arreo para criar aos seus fillos ou que foron pioneiras en postos de traballo tradicionalmente masculinos. Entregade os vosos traballos na biblioteca antes do 5 de marzo. T...

ENTROIDO 2021

Imaxe
  A celebración do Entroido en tempos de COVID   deixounos sen o tradicional desfile de comparsas. Non obstante, moitos alumnos e profesores mostráronse animosos e decididos a gozar da festa a pesar das estritas medidas de seguridade. Afortunadamente, o tempo acompañou ás máscaras e o sol luciu despois de moitos días de choiva.   O xurado, ao aire libre, observou con atención a saída de cada grupo. A tecnoloxía permitiu que o resto de alumnado e os profesores e profesoras seguisen o desfile en directo desde as aulas.   A experiencia mereceu a pena, pero esperemos que o próximo ano poidamos celebrar o Entroido todos xuntos, sen cámaras por medio e coa mesma alegría de sempre. 

LECTURAS DE NADAL

Imaxe
  O Nadal e tempo de lecturas. Desde a biblioteca queremos recomendar algún títulos que veñen, en forma de estrelas, a iluminar a nosa vida. Na árbore de madeira que está a entrada do instituto tedes   algunhas suxestións. Son moitas as   lecturas que podedes atopar na biblioteca. Lembrade que, aínda que este curso está pechada como aula de estudio nos recreos, os libros seguen esperando que vaiades por eles e os levedes a vosa casa para encher o Nadal de aventuras, de medo, de amor ou de diversión. Os libros son tamén os protagonistas da orixinal árbore de Nadal que fixeron os membros do Club de letras. A montaxe foi laboriosa, pois tiveron que elixir os libros adecuados para darlle forma e organizalos, pero conseguiron que no María Casares teñamos unha verdadeira árbore da ciencia...e das letras. Bo Nadal!!!

25 NOVEMBRO 2021

Imaxe
  Unha das lacras da nosa sociedade é a violencia contra as mulleres. Ano tras ano centos de mulleres morren no mundo vítimas da violencia machista. Para mostrar a nosa solidariedade coas mulleres que sofren maltrato e a nosa repulsa ante calquera actitude violenta, fixemos un acto simbólico que consistiu en que os alumnos de 1º ESO, coa canción La puerta violeta de Rozalén de fondo, lanzaron globos de cor violeta que simbolizaban a todas as que perderon a vida ao longo do ano só por ser mulleres. Abaixo podedes ver algúns momentos do acto.