Publicacións

DECORACIÓN DA ÁRBORE DE NADAL 2021

Imaxe
 Os alumnos de 4º ESO e 1º de Bacharelato decoraron, baixo a supervisión de Olalla Rodríguez, profesora de Educación Plástica, a nosa orixinalísima árbore de Nadal BO NADAL

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Os gañadores do concurso de relatos de terror organizado polo  Equipo de  Dinamización da Lingua Galega e pola biblioteca  escolar son os seguintes: Categoría 1º ciclo: León Núñez Méndez (1º ESO B) Categoría 2º ciclo: Alejandro Dosío Arias (4º ESO D) Categoría Bacharelato: Nerea Rodríguez Vázquez (2º Bacharelato C) O agasallo consistiu nun vale para mercar libros e material escolar nunha librería da localidade. A continuación, podedes ler os relatos premiados. Moitas grazas a todos os participantes e parabéns aos gañadores.    C O RRE Me levanté y fui hacia la habitación de Amelia. La llamé, y aunque se escuchaba una especie de ronquido ahogado y supuse que estaría dormida, entré. Grité, encima del cuerpo noqueado de Amelia había una figura encorvada con un cuchillo en la mano. No llegué lo suficientemente pronto para que no hundiera el arma en la barriga de mi hermana. Esa cosa se irguió, dejando el cuchillo clavado, vale, por lo men...

"OS TRAPOS SUCIOS XA NON SE LAVAN NA CASA"

Imaxe
  Baixo o lema “ Os trapos sucios xa non se lavan na casa ” conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Con este acto queremos simbolizar a necesidade de denunciar o maltrato que seguen sufrindo moitas mulleres para que a violencia non quede agachada detrás dun silencio cómplice. Tantas camisetas colgando nos nosos tendais son a mostra de que cada vez somos máis os que rexeitamos a violencia e non  estamos dispostos a que quede impune.  No vídeo podedes disfrutar   da actuación coa que o coro do instituto, dirixido por Gracia Rodríguez Blanco, acompañou o acto.

A CIENCIA TAMÉN FALA GALEGO

Imaxe
  Novembro é o Mes da Ciencia en Galego e, para demostralo, escollemos un recuncho do vestíbulo para expoñer todos os títulos que temos na nosa biblioteca que tratan sobre temas científicos e están escritos en galego. Todos os que esteades interesados na súa lectura podedes pasar por a biblioteca.

EXPOSICIÓN DE LITERATURA DE TERROR

Imaxe
Como ven sendo tradicional, a biblioteca expón os fondos de literatura de terror e misterio nestas datas próximas ao día de Defuntos no que celebramos a festa do Samaín. Ademais, este ano, grazas á colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, engadimos uns carteis nos que se conta a historia de esta celebración.

CONCURSO DE RELATOS DE TERROR

Imaxe
  O EDLG e a biblioteca convocan un concurso de relatos de terror para celebrar o Samaín. Poden participar todos os alumnos do centro e establécense tres categorías que abarcan os distintos niveis. Podedes ver os carteis da convocatoria nos paneis informativos do primeiro e do segundo andar.

BENVIDA AO CURSO 2021-2022

Imaxe
Benvidos a un novo curso. Este ano, grazas á mellora da situación provocada pola pandemia, abriremos a biblioteca, aínda que cun aforo limitado ao 50% dos postos dispoñibles. A principal novidade vai ser a “Hora de ler”. En todos os cursos da ESO dedicaremos un cuarto de hora diario a lectura, cambiando cada semana o tramo horario. En todas as aulas tedes a vosa disposición a distribución horaria do primeiro trimestre.

LECTURAS PARA O VERÁN

Imaxe
Nos últimos días recibimos na biblioteca moitas novidades que podedes levar para gozar da lectura durante as vacacións de verán. Estes son algúns dos títulos:   Madialeva  é o primeiro título da colección ‘Mulleres Ilustradoras’, que propón banda deseñada con perspectiva de xénero. Quen foron as mulleres galegas que cosían a roupa que conquistou o mundo? Que soños gardaron os emigrantes que deixaron a aldea na procura de prosperidade? Unha novela gráfica sobre as voces baixas da nosa historia recente. Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Estes libros falan de mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor. Dende os polos aos trópicos, por desertos...

GAÑADORES DO CONCURSO "PORTAS LITERARIAS"

Imaxe
Os grupos de 3º ESO D e 1º Bacharelato C foron os gañadores do concurso de "Portas literarias" organizado para celebrar o Día das Letras. Os alumnos de 3º ESO D dedicaron a súa colorida porta a Vicente Risco e os de 1º C a catro autores novos: María Lado, Lucía Aldao, Yolanda Castaño e Daniel Salgado.  Este é o resultado do seu traballo:   Os gañadores disfrutaron dun almorzo saudable e recibiron un agasallo. Na primeira imaxe vemos ao grupo de 1º de Bacharelato C e, na segunda, a 3º ESO C.