Publicacións

EXPOSICIÓN POLO DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
  Para conmemorar o día do nacemento de Rosalía de Castro, a biblioteca escolar e o ENL organizamos unha exposición con carteis sobre a vida de Rosalía e a súa presencia na nosa sociedade. Ademais, expuxemos os fondos cos que  contamos na biblioteca sobre a obra e a figura de Rosalía de Castro e engadimos unhas imaxes para reflexionar sobre o que está ocorrendo no mundo. Debaixo de todas eles hai unha pregunta: "Que diría Rosalía?" Que pensas ti que opinaría Rosalía de Castro das cousas que están pasando   no século XXI?

ENTROIDO 2023

 Un ano máis celebramos o tradicional desfile de comparsas do Entroido. Os cursos desfilaron polo patio mostrando a orixinalidade dos seus disfraces e as coreografías que prepararan. No vídeo podedes ver unha mostra da festa de este ano. 

BO NADAL!!

Imaxe
  Os libros son o mellor agasallo do Nadal.  Na biblioteca podedes atopar novidades moi interesantes para levar en préstamo e pasalo ben nas vacacións.  Para lembrar como os libros enchen e dan forma á nosa vida, fixemos con eles a árbore de Nadal.

ACTO SIMBÓLICO POLO 25 DE NOVEMBRO

Imaxe
  A violencia machista é un problema de todos. Para mostrar a nosa repulsa, fixemos dous actos simbólicos que consistiron en atar nas varandas lazos de cor morada e, despois de gardar un minuto de silencio, lanzar avións feitos con papel violeta dende as plantas superiores cun grito reivindicativo:  NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO! A continuación, podedes ver algunhas fotos e un pequeno vídeo do acto. 

MARÍA CASARES CUMPRE CEN ANOS

Imaxe
  O 21 de novembro cúmprense os cen anos do nacemento da actriz coruñesa que da nome ao noso centro, María Casares. Os vínculos de María con Oleiros veñen da súa infancia, na que pasaba os veráns en Montrove e na praia de Bastiagueiro. Durante esta semana celebramos o nacemento de María con diversas actividades: A biblioteca organizou unha exposición con imaxes de María e os libros cos que contamos que falan da súa vida. Tamén se fixeron uns marcapáxinas recordando as palabras que dedica a praia de Bastiagueiro nas súas memorias, Residente privilexiada. Ademáis tivemos a fortuna de contar coa presencia do director teatral Lluis Pasqual, que participou nun coloquio cos alumnos de Literatura Universal e e Latín de 1º de Bacharelato e estivo presente na inauguración do precioso mural que mostra a María xunto co faro de Mera, a Torre de Hércules e a Torre Eiffel, obra da profesora Ana López Gullón, que dedicou moitas horas a súa realización. O coro do instituto ofreceu unha emoti...

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN

Os gañadores do concurso de relatos organizado polo Samaín son:  1º  CICLO 1º PREMIO: Inés López Iglesias ACCÉSIT: Inés Santiago García 2º CICLO 1º PREMIO: Sara Martínez Rodríguez Moitos parabéns!!

CONCURSO DE DECORACIÓN DE PORTAS

Imaxe
Os corredores do IES María Casares apareceron estes días con portas e paredes ensanguentadas e con personaxes fantasmagóricos e terroríficos, convertendo o noso centro no escenario dunha película de terror. No vídeo podedes ver o resultado da decoración das portas que participaron no concurso organizado polo ENL e a biblioteca escolar.   Os gañadores de concurso foron os alumnos de 2º de Bacharelato C, obtendo un accésit o grupo de FPB polo seu boísimo traballo. No vestíbulo da planta baixa expuxemos os fondos relacionados coa temática de medo, terror e misterio que temos na nosa biblioteca.  

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Imaxe
  O Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca organizan dous concursos para a celebración do Samaín nos que pode participar o alumnado de todos os cursos. Os gañadores recibirán importantes agasallos. Animádevos!

CENTENARIO DE MARÍA CASARES

Imaxe
  Este ano celebramos o centenario do nacemento de María Casares, a actriz que da nome ao noso instituto. Se queredes coñecer a súa vida, na biblioteca tedes varios libros e novelas que resumen os acontecementos máis destacados da biografía de esta muller apaixonante ou as súas memorias.