Publicacións

SAÍDA AO FESTIVAL DE TEATRO GRECORROMANO DE LUGO NA SÚA XXIV EDICIÓN

Imaxe
  O día 25 de febreiro saímos cara ao θέατρον ΘΕΑΤΡΩΝ lucense na compaña dos aprendices de clásicos do IES María Casares, o alumnado de grego, latín e cultura clásica. Xa no auditorio tiñamos a predisposición de emulación dos nosos ancentros de hai máis de 2500 anos, difrutamos de Antígona unha traxedia de Sófocles, da que o propio Aristóteles na súa retórica nos conta que trata da legalidade non escrita que permite trazar fronteiras aos seres humanos ou coñecidos tamén como ἄνθρωποι. Na sesión vespertina tivemos a Amphitruo , que traducimos por Afitrión , unha comedia de Plauto onde reina a confusión, onde un non é ese un, logo é un lío, digo ou non digo. Regresamos enchidos de gozo pola beleza e boa execución dos histrións da compañía Corzo Producións , é dicir, eses vinte parasangas de retorno non foron pesados para nosos neófitos humanistas.

CONCURSO ODISEA 2025

Imaxe
  χαίρετε πάντας καὶ πάσας. Polo P ostridie Nonas   Februarias, sendo  dies Iovis ,  recollidos e protexidos polo s sagrados muros da biblioteca do IES María Casares, os, νεοφίτοι, alumnos de Cultura Clásica e Grego tiveron que enfrontarse aos sibilinos enigmas da nosa particular esfinxe tebana, que trouxo innumerables desasosegos para os nosos participantes, que resolveron heroicamente, como Edipo a entrada de Tebas, coa finalidade de levar a un bo porto este trirreme, que regresaba das llanuras de Troya. Moitas grazas e felicitacións a todos os nosos alumnos participantes d e 3º e 4º de ESO de Cultura Clásica e Latín así como ao noso alumnado de Grego de bacharelato. εὐχαριστότατοί τοὺς πάντας.

PRESENTACIÓN DO LIBRO O ESPÍRITO DAS MACEIRAS DE SILVIA TASENDE NA BIBLIOTECA DO IES MARÍA CASARES

Imaxe
  O luns 27 de xaneiro tivemos a presentación no noso centro da primeira novela publicada pola nosa compañeira Silvia Tasende Cotelo, O espírito das maceiras . O acto foi presentado e moderado pola nosa compañeira Olga Grien. Durante a charla-coloquio Silvia desvelou a finalidade da súa novela, onde de modo autobiográfico presenta os seus recordos e os seus vínculos coa súa aldea paterna, onde hai unha catarse, derivada da nostalxia  (de νόστος que é regreso)  que xurde co paso do tempo, onde soubo conectar coa rapazada que asistiu á presentación. Ela reivindica os valores de ter un lugar de referencia na nosa propia identidade. Deixa patente a súa mensaxe de que todos temos que buscar unha  Pilara  como eixe da nosa identidade. Parabéns, Silvia, pola túa publicación.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "A BIBLIOTECA BUSCA MASCOTA"

Imaxe
  As gañadoras do concurso A biblioteca busca unha mascota , Leire García Pico e Enma Méndez Fernández, recibiron os seus agasallos das mans de Amara Méndez e Pandora Núñez, dúas das nosas voluntarias de biblioteca. O premio consiste en vales para mercar libros e material escolar na libraría Mar de Letras. MOITOS PARABÉNS, RAPAZAS!! A continuación, podedes ver algunhas fotos da entrega de premios.  É por fin desveláronos o nome segredo da xa nosa mascota,  XEPIT.                        

PRESENTACIÓN DA NOVA MASCOTA DA BIBLIOTECA

Imaxe
  A piques de rematar o primeiro trimestre do curso 24-25 imos desvelar o misterio que tiña envolvido a nosa biblioteca desde o mes de outubro, onde se buscaba una mascota para ese recuncho tan especial do noso centro. Por esta sala da biblio pasaron todo tipo de seres, pasaron dragóns, crocodilos, osos panda e non panda, gatos e outros fantásticos seres, pero o que chegou para quedarse, foi o que nos trouxeron as alumnas de terceiro da ESO, Leire García Pico e Enma Méndez Fernández , gañadoras deste certame na busca dunha mascota. Parabén a estas fabulosas artistas e grazas a súa imaxinación inesgotable. E sen máis preámbulos desvelamos a nosa mascota que aínda está sen bautizar, e aquí está.

Ler no Nadal

Imaxe
  Agora que se achega o Nadal é o momento de elixir as lecturas que nos acompañarán durante as vacacións. Como sabedes, na biblioteca podedes atopar libros de temáticas diversas que se adecúen aos vosos gustos. Xunto á porta, tedes as novidades de divulgación. No estante pequeno, lecturas sobre temática LGTBIQ+ e relacionadas coa muller e o feminismo. Nos andeis máis altos, literatura en diferentes linguas, arte, historia, filosofía... E non vos esquezades de botar unha ollada aos cómics! Nas imaxes podedes ver a orixinal árbore de Nadal deste ano, feito de xeito sostible e con materiais reciclados. 

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Imaxe
 Os actos conmemorativos do 25 de novembro consistiron este curso na elaboración, nas titorías dos grupos, dun muro dividido en dúas partes: o muro da culpa e o muro das ilusións. En ambos lados deste muro tentamos facer unha reflexión sobre o tema desta xornada sinalando todo o negativo e deixando tamén un lugar á esperanza. A biblioteca fixo tamén unha pequena exposición dalgúns dos seus fondos sobre a temática relacionada coa muller. Os alumnos de 4º ESO redactaron e leron un manifesto e, a continuación, o coro cantou unha emotiva canción en homenaxe ao movemento das mulleres afgás contra a lei talibán que lles prohibe falar e cantar en público. De seguido, podedes ver algunhas imaxes do acto e os vídeos da canción interpretada polo coro. 

UNHAS PORTAS QUE DAN MEDO

  O concurso de portas de Samaín  tivo como gañadores aos grupos de 3º ESO B e de 2º ESO C, que recibirán como premio un almorzo saudable. No seguinte vídeo podedes ver o nivel tan alto que tivemos este ano na “terrorífica” decoración das portas. MOITOS PARABÉNS AOS GRUPOS GAÑADORES!!

CONCURSO DE DOCES DE SAMAÍN 2024

Imaxe
Un ano máis celebramos o Samaín con varias actividades participativas. A máis suculenta foi o concurso de doces, que permitiu aos membros do xurado degustar uns impresionantes pasteis e galletas cunha decoración “de medo”. A continuación, podedes ver unhas imaxes dos doces presentados e dos participantes.  Moitos parabéns a todos!!!