Publicacións

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
A celebración do Día das Letras do 2025 contou con varios actos: unha exposición de libros sobre temas relacionados coas cantareiras, unha charla sobre o folclore galego; un monólogo realizado pola alumna de 2º da Bacharelato Laura Prego, que recreou un fragmento da obra teatral Continente María, unha homenaxe á actriz María Casares, que da nome ao noso centro, e unha actuación do Coro do IES María Casares. Para finalizar, organizouse una baile colectivo nas pistas. A continuación, podedes ver algunhas imaxes e vídeos dos distintos actos.

NOVO MOBILIARIO NA BIBLIOTECA

Imaxe
  Os que sodes asiduos visitantes da biblioteca observariades que temos cadeiras novas. Con máis colorido e máis cómodas que as anteriores, esperamos que vos gusten e que sirvan para que cada vez esteades máis a gusto. Como xa sabedes, a biblioteca facémola entre todos e debemos colaborar en mantela limpa e coidada.

ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO V CAMPIONATO DE XADREZ (CURSO 2024-25)

Imaxe
  Os gañadores do V Campionato de Xadrez do IES María Casares recibiron, de mans de Baldomero Martínez, coordinador da biblioteca e profesor de Grego, os seus diplomas e un agasallo que consistiu nun vale para mercar libros e material escolar na libraría Mar de Letras. Os alumnos Daniel Barro Pardellas e Lucas Rafael de Oliveira Sá foron os gañadores na modalidade de ESO e Bacharelato respectivamente e os subcampións foron e Martín Lage Martínez na categoría de Bacharelato e Mario Barro Pardellas na categoría de ESO. MOITÍSIMOS PARABÉNS, RAPAZADA!! A continuación, podedes ver imaxes do momento de entrega de agasallos. 

FEIRA DO LIBRO SOLIDARIA 2025

Imaxe
  Na semana de celebración da festa do Día do Libro, organizamos unha feira solidaria de ventas de libros de segunda man, doados polos membros da comunidade educativa. O importe recadado destinarase ao Banco de Alimentos. Queremos agradecer o traballo ás alumnas de 1º ESO D, Rita Díaz, Mencía Paseiro e Sofía Varela e Vega Puñal, que estiveron encargándose da venta e que, coa súa dedicación nos períodos de lecer, conseguiron convencer a moitos compradores de que mercaran libros e colaboran na recadación.

V EDICIÓN DO CAMPIONATO DE XADREZ DO IES MARÍA CASARES

Imaxe
  Nestas datas do final de marzo e comezo de abril, tendo como base de actividades a biblioteca, a rapazada disputou cunha gran deportividade e enteireza as partidas, que o azar lles puxo por diante ata chegar ao remate do campionato. Na final da V edición do Campionato de Xadrez, levamos a cabo a segunda edición no taboleiro exterior do noso centro coas pezas xigantes. Foi un  escenario moi vistoso,  despois dunha semana na que os participantes despregaron todas as súas habilidades xadrecísticas no recinto sagrado da nosa biblioteca. Damos tamén testemuña de que este xogo milenario une pobos, aínda que no moi lonxanos, pois tivemos como invitado espontáneo a un dos alumnos alemáns de intercambio, que quixo intervir no certame. Os alumnos que disputaron a gran final foron: Mario Barro Pardellas e Daniel Barro Pardellas na categoría de ESO, e Lucas Rafael de Oliveira Sá e Martín Lage Martínez na categoría de Bacharelato. Proclamáronse campións: Daniel Barro Pa...

FEIRA DO LIBRO SOLIDARIA

Imaxe
Xa están colocados no vestíbulo do centro e na biblioteca as caixas nas que podedes deixar os libros que queirades doar para o mercadillo solidario. O diñeiro recadado destinarase ao Banco de Alimentos.

EXPOSICIÓN DE LIBROS POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe
  Para conmemorar o Día da Muller, expoñemos os fondos que temos na nosa biblioteca sobre temas de feminismo e dereitos das mulleres. Podedes velos no vestíbulo do centro. Se estades interesados nalgún título, pasade pola biblioteca.

ENTROIDO 2025

  Un ano máis celebramos o Festival do Entroido. Os participantes sorprenderon polos seus disfraces e polas elaboradas coreografías e pequenas representacións que resultaron moi animadas. Parabéns a todos os participantes!! A continuación, podedes ver tres vídeos con imaxes do desfile das comparsas.

SAÍDA AO FESTIVAL DE TEATRO GRECORROMANO DE LUGO NA SÚA XXIV EDICIÓN

Imaxe
  O día 25 de febreiro saímos cara ao θέατρον ΘΕΑΤΡΩΝ lucense na compaña dos aprendices de clásicos do IES María Casares, o alumnado de grego, latín e cultura clásica. Xa no auditorio tiñamos a predisposición de emulación dos nosos ancentros de hai máis de 2500 anos, difrutamos de Antígona unha traxedia de Sófocles, da que o propio Aristóteles na súa retórica nos conta que trata da legalidade non escrita que permite trazar fronteiras aos seres humanos ou coñecidos tamén como ἄνθρωποι. Na sesión vespertina tivemos a Amphitruo , que traducimos por Afitrión , unha comedia de Plauto onde reina a confusión, onde un non é ese un, logo é un lío, digo ou non digo. Regresamos enchidos de gozo pola beleza e boa execución dos histrións da compañía Corzo Producións , é dicir, eses vinte parasangas de retorno non foron pesados para nosos neófitos humanistas.