Publicacións

RECITAL POÉTICO NAS TORRES DE SANTA CRUZ

Imaxe
  O alumnado de 1º de Bacharelato aistiu hoxe a un recital de música e poesía nas Torres de Santa Cruz organizado polas bibliotecas do Concello de Oleiros. No recital, titulado Poéticas: unha viaxe pola historia da poesía española escoitaron, na voz de Chus Álvarez, as palabras das principais autoras da poesía española de todos os tempos, algunhas xa coñecidas, outras un descubrimento. Unha experiencia enriquecedora que disfrutaron   todos os presentes.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2024

Imaxe
I niciamos a semana que remata co Día Internacional da Muller cunha exposición de fondos da biblioteca.

SAÍDA AO TEATRO GRECOLATINO DE LUGO

Imaxe
O días 29 de febrero, feito que non volverá acontecerr ata dentro de catro anos, saímos cara ao θέατρον ΘΕΑΤΡΩΝ lucense na compaña dos aprendices de clásicos, o alumnado de grego, latín e cultura clásica, que nutren tamén as nosas filas de voluntariado na biblioteca. Xa no auditorio tiñamos a predisposición de emulación dos nosos ancentros de hai máis de 2500 anos, difrutamos da traxedia Edipo Rey de Sófocles, a máis perfecta segundo Aristóteles, e da comedia Menechmi ou Xemelgos de Plauto. Regresamos enchidos de gozo pola beleza e boa execución dos histrións da compañía Noite Bohemia.

ENTROIDO 2024

Imaxe
  O Entroido deste ano chegou cun cambio de localización por mor do mal tempo. A chuvia imposibilitou que se celebrara no tradicional espazo da pista. O pavillón serviu de refuxio a todos os participantes no desfile. A premisa foi utilizar a reciclaxe en todos os disfraces. Os grupos tiveron que mostrar a súa creatividade usando papel e cartón para elaborar os seus traxes. Os gañadores deste curso foron os alumnos de 2º ESO B, cunha comparsa denominada "Fórmula 1". O segundo premio foi para  3º ESO A, que recrearon a entrada das "celebrities" na gala MET.  A continuación, podedes ver algunhas imaxes e vídeos do acto.  Moitos parabéns aos gañadores!!    

CONCURSO ODISEA 2024

Imaxe
  Nos idus de xaneiro, dentro dos sagrados muros da biblioteca do IES María Casares, os, νεοφίτοι, alumnos de cultura clásica e grego tiveron que enfrontarse aos sibilinos enigmas da nosa particular esfinxe tebana, que trouxo innumerables desasosegos para os nosos participantes, que resolveron heroicamente, como Edipo a entrada de Tebas, coa finalidade de levar a un bo porto este trirreme, que regresaba das llanuras de Troya. Moitas gracias e felicitacións a todos os nosos alumnos participantes. εὐχαριστότατοί τοὺς πάντας.

CHARLA DE BRAIS LÁMELA

Imaxe
Brais Lamela, un vagabundo errante, cosmopolita buscador dun fogar, deste xeito definíase ante o auditorio da biblioteca do IES María Casares o creador da novela  Ninguén queda  (2022) polo que foi galardoado co premio da Crítica Galega de Narrativa 2022 e premio El Ojo Crítico de Narrativa 2023 .  Na charla coloquio dirixida polo noso compañeiro Fernado Domènech Rey, Brais deixouse levar polo seu espírito viaxeiro e fomos desde a Terra Chá aos xardíns da universidade de Yale, onde ten iniciado o seu doutoramento en literatura, despois de formarse en literatura comparada e historia nas universidades de Cambridge e Brown. Fixo un gran fincapé na aprendizaxe das linguas, incluso revelounos que leva catro anos estudando quechua, ademais do galego, castelán e inglés, sen deixar de facer referencias as linguas clásicas. A rapazada fixo un repaso da súa a temática a través das súas preguntas e xunto as intervencións do moderador fixo desa mañá unha velada moi amena y enriquecedora.  

SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DE CULTURA CLÁSICA E LATÍN DA ESO AO XACEMENTO DE CAMBRE E CASTRO DE ELVIÑA

Imaxe
  Este martes, 21 de novembro de 2023, os alumnos de Cultura Clásica e Latín da ESO fixeron unha incursión a territorio romana coa visita ao xacemento de Cambre, onde tiveron unha primeira aproximación a unha domus romana e a como vivían os romanos asentados nesta zona,  descubriron as  letrinae  e moitas outras cousas. Desde aí avanzamos dous parasangas e chegamos ao Castro de Elviña, onde descubrimos a sociedade castrexa, dominadora de Brigantium.  Estamos feitos uns castrexos!!!  

CHARLA SOBRE O PROCESO CREATIVO DA EXPOSICIÓN PICTÓRICA SOBRE MARÍA CASARES

Imaxe
Hoxe tivemos o pracer de recibir a visita de tres destacados artistas: Alfonso Costa, Isabel Pintado e Eva Veiga.   Alfonso Costa e Isabel Pintado falaron do proceso de creación das obras que forman parte da exposición que realizaron como homenaxe á figura de María Casares. Eva Veiga leu algúns dos seus poemas e conversou sobre a creatividade. Abaixo podedes ver algunhas imaxes dos participantes e dos asistentes, alumnos de 2º e de 1º de Bacharelato.  

DERRUBANDO MUROS CONTRA A VIOLENCIA

Imaxe
  Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cun acto simbólico no que participaron os alumnos de 2º ESO. Consistiu no derrubamento dun muro no que os alumnos escribiran mensaxes degradantes que seguimos escoitando as mulleres no noso día a día. Os alumnos Oliver Siso Pazos e Pedro Gómez González leron un manifesto e un poema de Mario Benedetti.