Publicacións

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe
Para conmemorar o 8 de marzo levantamos un muro no que figuran os nomes de moitas mulleres que, ao longo da historia, destacaron polo seu traballo como pioneiras e como loitadoras polos dereitos da muller. Co lema escollido    quixemos simbolizar o traballo de todas esas mulleres que derrubaron (e seguen a derrubar) "muros". 

GAÑADORES DO I CAMPIONATO DE XADREZ

Imaxe
     Por primeira vez celebramos no IES María Casares un campionato de xadrez. A afección entre os nosos alumnos ven de lonxe e todos os días temos algunha parella de xogadores na biblioteca. Con grande nerviosismo, un grupiño de dez xogadores competiu para coñecer quen é o mellor xadrecista do noso centro. Pablo Menéndez Montero de 4º ESO E proclamouse campión ao gañar unha emocionante partida disputada contra o segundo clasificado, Carmelo Toledo Piñeiro de 3º ESO E. O terceiro e cuarto postos foron para Jorge Areal Allerich (3º ESO E) e Andrés Castellanos Castro ( 4º ESO D). Parabéns aos gañadores.           

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Imaxe
Como xa é tradición, ca chegada do Entroido celebramos unha festa na que todos gozamos dos disfraces, das máscaras, da música e da ledicia de compartir as habilidades artísticas dos alumnos e as alumnas do María Casares. En primeiro lugar, os diferentes cursos   desfilaron cos seus disfraces mostrando a súa creatividade. Despois, descubrimos que temos no noso instituto verdadeiros artistas que destacan como cantantes e bailaríns. As brillantes actuacións estiveron acompañadas polas delicias gastronómicas que venderon os alumnos de 4º de ESO. Os profesores tamén se animaron a participar activamente e escolleron traxes que estaban relacionados coa súa materia. E así, puidemos ver científicos, personaxes de distintas épocas, escritores do Grupo Nós redivivos, policías londinienses e incluso ao detective máis famoso da literatura, Sherlock Holmes.

I CAMPIONATO DE XADREZ IES MARÍA CASARES

Imaxe
Ao longo desta semana celebramos o I Campionato de Xadrez IES María Casares. O grupo de alumnos afeccionados, que todos os recreos ven a Biblioteca a xogar unha partida, está a competir para lograr o título de campión do instituto. Colocamos as mesas cos taboleiros no vestíbulo do segundo andar do centro para que os compañeiros   e outros afeccionados que non se decidiran a inscribirse nesta edición seguisen as partidas.  Esperamos poder repetir esta experiencia nos próximos cursos.

GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Imaxe
Como xa é tradición no IES María Casares, convocamos un concurso de cartas con motivo do San Valentín. A participación foi numerosa e o nivel das cartas presentadas   dificultou moito a labor do xurado, especialmente as do grupo de 4º ESO D, que tivo a honra de contar coa presenza da gañadora e do segundo clasificado entre as súas filas. O tema non estaba limitado só ao amor ou a amizade. Os destinatarios podían ser todas aquelas cousas que lles gustan ou lles proporcionan un momento de ledicia aos autores. Premiábase a boa expresión, a corrección ortográfica e a orixinalidade. Os gañadores son: -           Elena López Abad é a autora dunha carta dedicada ao estudio da sintaxe. -           Roi Suárez López escribiu unha carta co título “Oda a una ventana”. Os gañadores recibiron unas tarxetas regalo. Parabéns aos dous!!

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS

Imaxe
Este curso o tema do tradicional concurso de postais de Nadal tiña que estar relacionado ca ciencia por tratarse dunha colaboración entre a Biblioteca e o Club de Ciencia.  O nivel  foi moi alto e fixo difícil a selección. Estas son as postais gañadoras:  O primeiro premio foi para Sabela Lage de 4º ESO D. O gañador do segundo premio foi Martín González Sanesteban de 1º ESO A. O terceiro premio foi para Marta Ferreira de 2º de Bacharelato C. As postais gañadoras e as finalistas expuxéronse no vestíbulo de instituto xunto aos premios, que   estaban   patrocinados por Frutas La Huerta, de Santa Cruz, que aportou unha espectacular cesta de frutas, e o Supermercado Gadis. Noraboa aos gañadores e a todos os participantes!

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Imaxe
Este ano a Biblioteca organiza o tradicional concurso de postais de nadal en colaboración co Club de Ciencia. A profesora Ana López, do Departamento de Debuxo, é a autora do cartel no que figuran as bases para todos aqueles que estean interesados en participar. A data límite para a entrega das postais é o 17 de decembro. Deberán entregarse na Biblioteca. Ánimo, que hai premios moi suculentos!

O IES MARÍA CASARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
O IES MARÍA CASARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO No IES María Casares  quixemos mostrar a nosa repulsa contra a violencia de xénero organizando un concurso de microrrelatos. Os textos presentados expuxéronse no vestíbulo do instituto para facer reflexionar a todos. A gañadora do concurso foi a alumna Nora Khidroun de 2º ESO B. Ademais, o alumnado dalgúns grupos de 3º e 4º de ESO crearon uns poemas que ilustraron con debuxos que mostraban, con moita crueza, a tristeza que provocan as situacións de violencia contra as mulleres 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Imaxe
Na celebración do Samaín deste ano tivemos a visita de don Juan Tenorio e dona Inés, dous dos personaxes máis coñecidos da literatura española. A parella recibiu aos nosos alumnos no vestíbulo do centro. A súa presencia causou un certo estupor, non sabemos se pola sorpresa de atopar no noso centro a persoas de tanta importancia ou porque se asemellaban moito aos profesores Mónica e  Emiliano. Don Juan e dona Inés pasearon polos corredores saudando a todos aqueles que se acercaban a coñecelos. O propósito desta visita era recordarnos a todos a tradición de representar a famosa obra de José Zorrilla en  datas próximas ao Día de Todos os Santos. Ademais desta visita inesperada, colocamos no vestíbulo unha exposición dalgúns dos fondos de literatura de terror que podedes atopar na nosa biblioteca.