Publicacións

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Imaxe
 A gañadora do concurso que tradicionalmente organiza a biblioteca polo Nadal foi Carlota González García que, no interior da súa postal, aconsella: "Non teñades medo a ser felices!"                                 BO NADAL E FELICES VACACIÓNS !!! 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL

Imaxe
Chega o Nadal, o tempo de disfrutar das vacacións e da lectura. Nos paneis do vestíbulo atoparedes algunhas suxerencias que veñen en forma de estrela e de fruto da nosa árbore. Podedes pasar pola biblioteca e levar os libros que queirades para ler nestas festas.  Bo Nadal!!

O IES MARÍA CASARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
            Na xornada do 25 de novembro o alumnado do María Casares participou en varios actos simbólicos para mostrar a súa repulsa á violencia de xénero. Os cursos de 3º e 4º ESO formaron no patio un gran lazo de cor violeta sostendo cartolinas con frases reivindicativas escritas por alumnos e alumnas de 3º e 4º  e polas integrantes do Club de Letras que, xunto a outros compañeiros de 1º de Bacharelato, participaron moi activamente na organización deste acto.           Este é o timelapse da colocación dos alumnos e o resultado final.             O alumnado de 1º e 2º ESO plasmou as súas mans nuns cadros que decorarán os corredores para ter sempre presente a necesidade de loitar contra a violencia e pola igualdade. 

GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR E MISTERIO

Imaxe
  É o primeiro ano que convocamos o concurso de relatos de terror e estamos sorprendidos polo nivel dalgúns dos nosos escritores. As historias eran moi variadas: fenómenos paranormais, situacións cotiás  que producen terror ou ansiedade, fluír da conciencia de personaxes atormentados... As gañadoras foron: Elena Rodríguez Chas (1º BAC D) e, cun relato escrito a dúas mans, Uxía Platas Guerra e Xiana Villaverde Leis de 3º ESO C. Esperamos que a participación aumente en próximas convocatorias. Parabéns ás gañadoras!

CHEGOU O SAMAÍN

Imaxe
Un ano máis celebramos o Samaín con actividades relacionadas ca literatura de terror. Ademais da tradicional exposición no vestíbulo do instituto dos fondos máis terroríficos da nosa biblioteca, sempre vixiados polo noso esqueleto e o corvo do conto de Edgar Allan Poe, convocamos un concurso de relatos de terror para todos os que gusten da escritura e, para os de 1º e 2º de ESO, un concurso de deseño de cabazas. A participación no concurso de cabazas non foi moi numerosa, pero sí de moita calidade.  A gañadora do concurso foi Iria Adriana Alén Fernández de 1º ESO A. Parabéns!!

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Imaxe
                                        Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de A dúbida desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En A dúbida a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores. ...

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Imaxe
  Para celebrar o Día do Libro organizamos, conxuntamente co Club de Ciencia, unha exposición na que incluímos títulos de novelas que teñen como tema a ciencia, manuais, guías de natureza e obras que abordan a necesidade de coidar o medio ambiente. Esta exposición, que se ven convertendo nunha tradición, está pensada para achegar o tema da ciencia a todo o alumnado, fomentar a súa curiosidade polos aspectos científicos e animalos a participar nas apaixonantes experiencias que leva a cabo o Club de Ciencia.   Ademais, pensamos que sería interesante dar visibilidade ao libro e aos numerosos lectores que temos no noso centro. Por iso, fixemos un mural con fotos nas que membros da nosa comunidade educativa aparecen lendo en diferentes espazos. A calidade de moitas das fotografías é sorprendente, así como a imaxinación que demostraron algúns dos participantes creando escenarios de grande calidade artística para os seus libros preferidos. Moitas grazas a todo...

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe
Para conmemorar o 8 de marzo levantamos un muro no que figuran os nomes de moitas mulleres que, ao longo da historia, destacaron polo seu traballo como pioneiras e como loitadoras polos dereitos da muller. Co lema escollido    quixemos simbolizar o traballo de todas esas mulleres que derrubaron (e seguen a derrubar) "muros". 

GAÑADORES DO I CAMPIONATO DE XADREZ

Imaxe
     Por primeira vez celebramos no IES María Casares un campionato de xadrez. A afección entre os nosos alumnos ven de lonxe e todos os días temos algunha parella de xogadores na biblioteca. Con grande nerviosismo, un grupiño de dez xogadores competiu para coñecer quen é o mellor xadrecista do noso centro. Pablo Menéndez Montero de 4º ESO E proclamouse campión ao gañar unha emocionante partida disputada contra o segundo clasificado, Carmelo Toledo Piñeiro de 3º ESO E. O terceiro e cuarto postos foron para Jorge Areal Allerich (3º ESO E) e Andrés Castellanos Castro ( 4º ESO D). Parabéns aos gañadores.