Publicacións

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Imaxe
  Para celebrar o Día do Libro organizamos, conxuntamente co Club de Ciencia, unha exposición na que incluímos títulos de novelas que teñen como tema a ciencia, manuais, guías de natureza e obras que abordan a necesidade de coidar o medio ambiente. Esta exposición, que se ven convertendo nunha tradición, está pensada para achegar o tema da ciencia a todo o alumnado, fomentar a súa curiosidade polos aspectos científicos e animalos a participar nas apaixonantes experiencias que leva a cabo o Club de Ciencia.   Ademais, pensamos que sería interesante dar visibilidade ao libro e aos numerosos lectores que temos no noso centro. Por iso, fixemos un mural con fotos nas que membros da nosa comunidade educativa aparecen lendo en diferentes espazos. A calidade de moitas das fotografías é sorprendente, así como a imaxinación que demostraron algúns dos participantes creando escenarios de grande calidade artística para os seus libros preferidos. Moitas grazas a todos os part

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imaxe
Para conmemorar o 8 de marzo levantamos un muro no que figuran os nomes de moitas mulleres que, ao longo da historia, destacaron polo seu traballo como pioneiras e como loitadoras polos dereitos da muller. Co lema escollido    quixemos simbolizar o traballo de todas esas mulleres que derrubaron (e seguen a derrubar) "muros". 

GAÑADORES DO I CAMPIONATO DE XADREZ

Imaxe
     Por primeira vez celebramos no IES María Casares un campionato de xadrez. A afección entre os nosos alumnos ven de lonxe e todos os días temos algunha parella de xogadores na biblioteca. Con grande nerviosismo, un grupiño de dez xogadores competiu para coñecer quen é o mellor xadrecista do noso centro. Pablo Menéndez Montero de 4º ESO E proclamouse campión ao gañar unha emocionante partida disputada contra o segundo clasificado, Carmelo Toledo Piñeiro de 3º ESO E. O terceiro e cuarto postos foron para Jorge Areal Allerich (3º ESO E) e Andrés Castellanos Castro ( 4º ESO D). Parabéns aos gañadores.           

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Imaxe
Como xa é tradición, ca chegada do Entroido celebramos unha festa na que todos gozamos dos disfraces, das máscaras, da música e da ledicia de compartir as habilidades artísticas dos alumnos e as alumnas do María Casares. En primeiro lugar, os diferentes cursos   desfilaron cos seus disfraces mostrando a súa creatividade. Despois, descubrimos que temos no noso instituto verdadeiros artistas que destacan como cantantes e bailaríns. As brillantes actuacións estiveron acompañadas polas delicias gastronómicas que venderon os alumnos de 4º de ESO. Os profesores tamén se animaron a participar activamente e escolleron traxes que estaban relacionados coa súa materia. E así, puidemos ver científicos, personaxes de distintas épocas, escritores do Grupo Nós redivivos, policías londinienses e incluso ao detective máis famoso da literatura, Sherlock Holmes.

I CAMPIONATO DE XADREZ IES MARÍA CASARES

Imaxe
Ao longo desta semana celebramos o I Campionato de Xadrez IES María Casares. O grupo de alumnos afeccionados, que todos os recreos ven a Biblioteca a xogar unha partida, está a competir para lograr o título de campión do instituto. Colocamos as mesas cos taboleiros no vestíbulo do segundo andar do centro para que os compañeiros   e outros afeccionados que non se decidiran a inscribirse nesta edición seguisen as partidas.  Esperamos poder repetir esta experiencia nos próximos cursos.

GAÑADORES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

Imaxe
Como xa é tradición no IES María Casares, convocamos un concurso de cartas con motivo do San Valentín. A participación foi numerosa e o nivel das cartas presentadas   dificultou moito a labor do xurado, especialmente as do grupo de 4º ESO D, que tivo a honra de contar coa presenza da gañadora e do segundo clasificado entre as súas filas. O tema non estaba limitado só ao amor ou a amizade. Os destinatarios podían ser todas aquelas cousas que lles gustan ou lles proporcionan un momento de ledicia aos autores. Premiábase a boa expresión, a corrección ortográfica e a orixinalidade. Os gañadores son: -           Elena López Abad é a autora dunha carta dedicada ao estudio da sintaxe. -           Roi Suárez López escribiu unha carta co título “Oda a una ventana”. Os gañadores recibiron unas tarxetas regalo. Parabéns aos dous!!

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS

Imaxe
Este curso o tema do tradicional concurso de postais de Nadal tiña que estar relacionado ca ciencia por tratarse dunha colaboración entre a Biblioteca e o Club de Ciencia.  O nivel  foi moi alto e fixo difícil a selección. Estas son as postais gañadoras:  O primeiro premio foi para Sabela Lage de 4º ESO D. O gañador do segundo premio foi Martín González Sanesteban de 1º ESO A. O terceiro premio foi para Marta Ferreira de 2º de Bacharelato C. As postais gañadoras e as finalistas expuxéronse no vestíbulo de instituto xunto aos premios, que   estaban   patrocinados por Frutas La Huerta, de Santa Cruz, que aportou unha espectacular cesta de frutas, e o Supermercado Gadis. Noraboa aos gañadores e a todos os participantes!

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Imaxe
Este ano a Biblioteca organiza o tradicional concurso de postais de nadal en colaboración co Club de Ciencia. A profesora Ana López, do Departamento de Debuxo, é a autora do cartel no que figuran as bases para todos aqueles que estean interesados en participar. A data límite para a entrega das postais é o 17 de decembro. Deberán entregarse na Biblioteca. Ánimo, que hai premios moi suculentos!

O IES MARÍA CASARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
O IES MARÍA CASARES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO No IES María Casares  quixemos mostrar a nosa repulsa contra a violencia de xénero organizando un concurso de microrrelatos. Os textos presentados expuxéronse no vestíbulo do instituto para facer reflexionar a todos. A gañadora do concurso foi a alumna Nora Khidroun de 2º ESO B. Ademais, o alumnado dalgúns grupos de 3º e 4º de ESO crearon uns poemas que ilustraron con debuxos que mostraban, con moita crueza, a tristeza que provocan as situacións de violencia contra as mulleres